Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE000285
Clasificación Genérica Escultura
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Juni, Juan de
Título Inmaculada
Materia/Soporte Madeira
Técnica Talla
Policromía
Estufado
Dimensiones Altura = 127 cm; Anchura = 50 cm; Profundidade = 37 cm
Descripción A escultura representa á Virxe co libro aberto na man esquerda, faltándolle a destra, onde portaría o ramo de azucenas como símbolo da súa pureza. A cabeza, de forma redondeada, asentada sobre potente colo, aparece ladeada, cos ollos entornados e espesos cabelos ondulados dispostos de modo que deixan ver a orella esquerda; por detrás cóbrese cunha touca anoada sobre o peito, onde loce unha xoia redonda das habituais en Juni. As roupaxes, como elemento fundamental de expresión, envolven á figura, distribuíndose en grandes masas de quedos e avultados pregues que determinan esas formas redondeadas, correspondentes ao acougo expresivo do último período de produción do imaxineiro castelán. Non falta nesta talla o característico movemento helicoidal, centrípeto, moi manierista; a cabeza inclínase cara á esquerda mentres a perna dereita avanza profundamente en sentido contrario, descansando sobre a media lúa e unha serpe de grosas espiras. A parte traseira da imaxe a penas está traballada non restándolle, sen embargo, o valor de vulto redondo. A excelente calidade da imaxe refórzase co dourado da policromía nas roupaxes e nos cabelos, e o tratamento das carnacións que, resoltas en mate, contribúen a acadar a súa expresión final de acentuada naturalidade.
Iconografia Inmaculada Concepción
Datación 1577[ca]
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Uso/función Devocional
Lugar de Procedencia Ourense (l)
Lugar Específico/Yacimiento Convento de San Francisco
Clasificación Razonada Talla de excelente calidade que suxire nos seus rotundos volumes evocacións miguelanxelescas. Corresponde á etapa final de produción do imaxineiro castelán, quen personaliza, xunto a Berruguete, a principal contribución española á escultura do Renacemento. A Inmaculada, considerada como unha das xoias artísticas coas que conta o Museo ourensán é obra documentada de Juan de Juni, quen a cita nunha das claúsulas do seu testamento de 1577 como encargo de dona Inés Pérez de Belmonte con destino á cidade de Ourense. A imaxe, aparece anos máis tarde -1599- nun contrato que asina Francisco de Moure, como conservada na sancristía do convento de San Francisco, de onde pasaría a formar parte do museo da Comisión de Monumentos, a raíz de verse este afectado pola desamortización. A imaxe obedece ao tipo iconográfico establecido por Juni na escultura da Purísima do retablo de La Antigua de Valladolid e na da igrexa de El Salvador de Arévalo (Ávila).
Bibliografía BARRIOCANAL LÓPEZ, Y. La actividad escultórica en Ourense, del Renacimiento al Barroco. Ourense (l): Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Grupo Marcelo Macías, 2016. p. 203, fig. 34.

CID, C. El escultor Francisco de Moure. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. 1925, VII. p. 291.

FERNÁNDEZ DEL HOYO, Mª A. Juan de Juni, escultor. Valladolid: Universidad de Valladolid, 2012. p. 166.

LORENZO RUMBAO, B. Inmaculada. Juan de Juni. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 03/1999. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_1999_03_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

MARTÍN GONZÁLEZ, J. J. Juan de Juni y Juan de Angés, el Mozo, en Orense. Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1962, pp. 68-82. pp. 70-76; XVII, nº 51.

MARTÍN GONZÁLEZ, J. J. Juan de Juni y su época: exposición conmemorativa del IV centenario de la muerte de Juan de Juni. Urrea, J(col); Brasas Egido, J. C(col). Madrid: Alcor, 1977. p. 59 (il. 18, p. 112); Ministerio de Educación y Ciencia, Patronato Nacional de Museos.

MARTÍN GONZÁLEZ, J. J. Juan de Juni, vida y obra. Madrid: Ministerio de Cultura, 1974. pp. 322-324; Dirección General de Bellas Artes.

ROSENDE VALDÉS, A. A. Inmaculada. Galicia no Tempo. Catálogo da exposición. Santiago de Compostela: 1991. pp. 264-265.

VILA JATO, Mª D. Juan de Juni. Gran Enciclopedia Gallega. 18. p. 126.

VV.AA.. A riqueza artística de Galicia. Dúas esculturas de Juan de Juni. 1927. pp. 23-24; Nós, II, nº 46.

VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. pp. 151-153; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xunta de Galicia, Ourense.
Catalogación Lorenzo Rumbao, Belén
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6